Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprobado o plan de xestión de Pena Corneira, cunha cota máxima de 6.150 visitantes ao día

Aprobado o plan de xestión de Pena Corneira, cunha cota máxima de 6.150 visitantes ao día

Recóllense o ámbito de protección do monumento natural, a identificación dos valores de conservación e as posibles presións e ameazas

A capacidade de acollida "ecolóxica" de cada un dos espazos da serra contan agora cun límite de persoas identificado

Miradoiro de Pena Corneira / Turismo de Galicia Miradoiro de Pena Corneira / Turismo de Galicia
G24.gal 24/06/2024 19:00

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns o decreto polo que se aproba o plan de xestión do monumento natural da serra de Pena Corneira, situada nos concellos ourensáns de Avión, Carballeda de Avia e Leiro. Este contempla unha cota máxima de case 6.150 visitantes ao día.

En concreto, os monumentos naturais son unha categoría de espazo natural protexido definida a nivel estatal como "espazos ou elementos da natureza constituídos por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza que merecen ser obxecto dunha protección especial".

No plan, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático recolle o ámbito de protección do monumento, a identificación dos valores chave de conservación e as posibles presións e ameazas, así como a normativa e o plan de actuacións.

Nel identifícase a capacidade de acollida "ecolóxica" de persoas, establecendo uns límites máximos en cada un dos espazos da serra. Así, por exemplo, no camiño natural da serra poderíanse alcanzar ata 340 visitantes ao día, mentres que o carreiro PR-G 78, podería acoller ata 229 persoas.

Entre os distintos apartados do monumento, poderían chegar a albergarse entre 5.279 e 6.146 persoas ao día, establecéndose tamén certos parámetros.

Así, no caso dos carreiros, o valor máis elevado considera unha distancia entre grupos de 500 metros, mentres que o segundo valor, o máis restritivo, garante unha distancia de 750 metros. Nas áreas recreativas, o valor máis elevado implica unha superficie libre por persoa de 25 metros cadrados, e o máis restritivo de 50 metros cadrados.

Pena Corneira / Turismo de Galicia Pena Corneira / Turismo de Galicia

Nun comunicado, a Xunta puxo en valor que Pena Corneira trátase do cuarto monumento natural de Galicia en contar cun plan de xestión. Este serve para identificar os valores para protexer, os posibles riscos, as condicións de uso público do espazo e as normas de uso de aproveitamento do chan e dos recursos.

Foi en 2007 cando esta serra foi declarada monumento natural e forma parte da Rede de Espazos Protexidos de Galicia. Segundo explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, aos alcaldes da zona, o plan de xestión inclúe dúas liñas estratéxicas.

A primeira céntrase na mellora e o restablecemento do estado de conservación dos valores xeomorfolóxicos, da paisaxe, dos hábitat e das especies da serra.

A segunda incide no aproveitamento sostible do monte, no uso público e na difusión dos valores deste espazo promovendo unha xestión ordenada e favorecendo unha maior sensibilización ambiental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade