Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous alpinistas vascos tras caer no cume do Mont Blanc, nos Alpes franceses

Morren dous alpinistas vascos tras caer no cume do Mont Blanc, nos Alpes franceses

A súa corda deslizouse mentres ascendían a montaña a máis de 4.600 metros de altura

Un terceiro montañeiro, que ía con eles, quedou ferido leve 

Imaxe de arquivo do Mont Blanc (Europa Press) Imaxe de arquivo do Mont Blanc (Europa Press)
G24.gal 21/08/2024 20:39

Dous alpinistas guipuscoanos faleceron este mércores, e un terceiro quedou ferido leve, ao sufrir un accidente cando descendían desde a cima do Mont Blanc, nos Alpes franceses, segundo informaron fontes do Goberno Vasco.

Os montañeiros mortos, de 26 e 27 anos, atopábanse a máis de 4.200 metros sobre o nivel do mar cando a súa corda se deslizou mentres ascendían a montaña descolgándose desde o cume, informou a unidade de alta montaña da xendarmería gala.

Segundo indica a radio France Bleu, o accidente ocorreu sobre ás 13:15 horas desta tarde na cara norte do corredor Gervasutti. Os dous montañeiros falecidos, xunto cun terceiro que quedou ferido leve, seguían a ruta normal.

Os corpos sen vida dos montañeiros foron transportados a Chamonix e ata o lugar desprazouse un helicóptero Dragon 74, a sección de xendarmería de Chamonix Haute-Montagne e un médico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade