Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha galega con discapacidade visual denuncia que lle quitaron a praza de mestra nas Canarias

Unha galega con discapacidade visual denuncia que lle quitaron a praza de mestra nas Canarias

Presentouse á oposición de primaria no verán, obtivo unha praza reservada a persoas con discapacidade e en novembro foi cesada porque a inspección médica non a considera apta

Uxía ten unha distrofia da retina de nacecemento, que provoca a perda de visión de maneira progresiva, e ten recoñecida unha discapacidade visual do 66 por cento

G24.gal 19/01/2025 16:13

Uxía García conta como perdeu a praza de mestra nas Canarias. Despois de aprobar a oposición e impartir clases durante tres meses, un tribunal médico considerou que non era apta para ocupar o posto.

"Dende a Once en colaboración con Cermi daremos unha conferencia de prensa a semana que vén para dar visibilidade a esta situación. O que está moi claro é que en España e incluso nas Canarias hai persoas con discapacidade visual e cegas totais impartindo docencia, todas necesitan algún tipo de adaptación; no meu caso, polo momento, non. Eu non necesito ningún tipo de adaptación. Entón é iso, que pasa?", pregúntase.

Nin sequera foi suficiente sacar un dez na segunda fase.

"Matriculeime nas oposicións das Canarias coa especialidade de Pedagoxía Terapéutica de Educación Especial. O requisito que pedía para acceder por reserva de prazas por discapacidade era ter unha capacidade superior ao 33 por cento, de tipo físico, sensorial ou psíquico, sempre que non proviñera de discapacidade intelectual. Puiden acceder por esa reserva de discapacidade perfectamente, fixen a miña oposición. De feito, na segunda fase obtiven un dez. O día dez de setembro asinei o meu contrato nun cole da Orotava", explica.

Os seus problemas teñen a orixe nunha distrofia na retina que ten de nacemento, que fai que perda visión de xeito progresivo.

"Teño unha discapacidade visual do 66 por cento, procedente dunha distrofia na retina. O que precisamente lles preocupaba é que un neno se lanzase pola ventá e non o vise. O meu cole ten reixas nas ventás, co que non poden nin sacar a cabeza nin un pé. 
Non ten sentido que ti pretendas incapacitar unha persoa que xa ten unha discapacidade e que eles coñecían desde o ano 2022" , afirma Uxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade