Dous detidos en Chantada e investigan unha terceira persoa por agresión sexual a unha muller con discapacidade
Dous detidos en Chantada e investigan unha terceira persoa por agresión sexual a unha muller con discapacidade
Dous detidos en Chantada e investigan unha terceira persoa por agresión sexual a unha muller con discapacidade
Os dous sospeitosos quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial coa obriga de comparecer no xulgado cada quince días e a prohibición de achegarse á vítima
Trala declaración dos dous detidos foi citada a declarar outra persoa en calidade de imputada
Dous homes foron detidos en Chantada por unha suposta agresión sexual a unha muller que padece unha discapacidade.
Aínda que a Comandancia da Garda Civil en Lugo non facilitou información sobre ambas as detencións nin sobre a natureza dos feitos que se están investigando, fontes próximas a esas pescudas indicaron que ambos os sospeitosos foron arrestados onte.
En todo caso, as mesmas fontes precisaron que a denuncia polos feitos que motivaron ambos os arrestos foi presentada “hai meses”.
Os detidos declararon este martes ante a xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Chantada que decretou a posta en liberdade dos dous detidos. A maiores, foi citada a declarar como investigada unha terceira persoa.
A xuíza impúxolles a todos eles a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima e, a maiores, aos dous arrestados que pasaron a disposición xudicial, a obrigación de comparecer cada quince días no xulgado. Os tres están investigados por un delito de agresión sexual.