Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de man de obra agrávase: máis de 7.630 postos vacantes en 2024

A falta de man de obra agrávase: máis de 7.630 postos vacantes en 2024

Os desaxustes no mercado laboral fan que moitas empresas e pequenos negocios non atopen traballadores

Os empregos sen cubrir aumentaron un 17 % no último ano, e a maioría concéntranse na sanidade, comercio, hostalaría e industria manufactureira

G24.gal 21/01/2025 15:18

Os desaxustes no mercado laboral fan que moitas empresas e pequenos negocios non atopen traballadores. A falta de man de obra agravouse nos últimos anos e as vacantes bateron marcas en 2024, con 7.630.

É a cifra máis alta desde que o INE comezou a analizar esta realidade. Os empregos sen cubrir aumentaron un 17 % no último ano. A maioría concéntranse na sanidade, comercio, hostalaría e industria manufactureira. 

Un exemplo: no sector do transporte por estrada levan anos alertando da falta de camioneiros. Cifran en 2.000 o déficit de profesionais en Galicia, pero advirten que o problema se agrava cada ano porque non hai remuda xeracional.

A falta de remuda é tamén preocupante no sector da construción. A falta de man de obra cualificada, advirten no sector, repercute tamén nos custos para o cliente. Aseguran que están renunciando a proxectos por falta de persoal.

No sector pesqueiro, máis do setenta por cento das tripulacións superan os 40 anos e a incorporación de traballadores estranxeiros non abonda para corrixir o déficit.

Uns e outros avogan pola adecuar da formación ás necesidades do mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar