Unha multinacional galega dota de independencia enerxética a illa da Gomera
Unha multinacional galega dota de independencia enerxética a illa da Gomera
Cinco parques eólicos do grupo galego abastecerán con enexía sostible toda a illa
Están en fase de construción e comezarán a funcionar este mesmo ano
O proxecto conta cun investimento próximo aos 17 millóns de euros
A empresa galega Ecoener abastecerá toda a illa da Gomera con enerxías renovables, cun investimento próximo aos 17 millóns de euros.
A multinacional galega xa leva 20 anos realizando proxectos noutras illas que o sitúan como líder en enerxías sostibles na comunidade canaria.
Son cinco parques eólicos cos que o grupo galego abastecerá con enerxía sostible toda a illa da Gomera. Están en fase de construción e comezarán a funcionar este mesmo ano.
Os novos parques da Gomera poderán abastecer de enerxía limpa 11.000 fogares e evitarán a emisión de 23.000 toneladas de CO2 á atmosfera.
A multinacional galega Ecoener será a encargada tamén de explotar novos parques eólicos e a gran planta solar fotovoltaica da Gomera.
Ecoener leva máis de 20 anos desenvolvendo proxectos de enerxías renovables nas Canarias pero ten proxectos tamén en 10 países de Europa, América e África.