Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha persoa falecida e varias feridas tras un tiroteo nun centro comercial de Texas

Unha persoa falecida e varias feridas tras un tiroteo nun centro comercial de Texas

Hai un detido como presunto autor dos feitos

No que vai de 2023 producíronse máis de 70 tiroteos masivos nos Estados Unidos

G24.gal 16/02/2023 08:11

Unha persoa falecida e polo menos tres feridas tras un tiroteo no centro comercial Cielo Vista de Texas, preto da cidade de El Paso.

Hai unha persoa detida e estase a facer un rexistro exhaustivo de toda a zona, polo que a policía mantén aberto o suceso.

O centro comercial atópase xunto ao Walmart onde un tiroteo masivo en 2019 custou a vida a 23 persoas e deixou case dúas ducias de feridos. O presidente dos EUA Joe Biden instou os lexisladores a aprobaren leis que prohiban as armas de asalto nos Estados Unidos.

No que vai de 2023, perpetráronse máis de 70 tiroteos masivos nos Estados Unidos, segundo Gun Violence Arquive. A organización define un “tiroteo masivo” como un tiroteo que fere ou mata catro ou máis persoas, sen incluír o atacante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade