Publicador de contidos
Publicador de contidos

Von der Leyen anuncia en Lampedusa un plan para abordar a crise migratoria

Von der Leyen anuncia en Lampedusa un plan para abordar a crise migratoria

En tres días desembarcaron máis de 10.000 persoas de xeito irregular na illa italiana

Ursula von der Leyen e Giorgia Meloni en Lampedusa
G24.gal 17/09/2023 08:20 Última actualización 17/09/2023 20:37

A primeira ministra italiana, Giorgia Meloni, convidou a presidenta da comisión europea, Ursula von de Leyen, a viaxar Lampedusa. Este domingo as dúas viaxaron xuntas á illa. Só estiveron dúas horas.

Visitaron os lugares polos que pasan os migrantes e observaron as lanchas enferruxadas que se amorean no peirao. Unha protesta cidadá interrompeu o paso da comitiva. O residentes de Lampedusa séntense abandonados por Europa e reclaman máis recursos.

A Cruz Vermella italiana, que xestiona o centro de acollida, asegura que nestas instalacións caben unhas 400 persoas pero nestes momentos hai 1.500 esperando o traslado a outro lugar.

Elisa, residente en Lampedusa, conta que ven xente sufrindo pero que son os cativos de 4 ou 5 anos que chegan sen pais os que lles parte o corazon

Na conferencia de prensa conxunta, Von der Leyen afirmou que a inmigración ilegal é un problema europeo que precisa dunha resposta europea.

"Nós debemos decidir quen entra na Unión Europea, non os traficantes", dixo.

Plan europeo

Anunciou un plan que contempla mecanismos para o traslado dos migrantes, novos corredores humanitarios, e máis vixilancia no Mediterráneo.

Tamén se comprometeu a acelerar a aplicación do acordo asinado con Tunisia que contempla unha axuda de 1.000 millóns de euros a cambio de medidas de contención migratoria.

A primeira ministra italiana insiste en que a solución non pasa por redistribuír os migrantes entre varios países senón por frear a saída destas persoas dos seus países de orixe.

No que vai de ano desembarcaron en Italia 130.000 inmigrantes, o dobre que no mesmo período do ano pasado, e o triplo que en 2021.

Migrantes na illa de Lampedusa Migrantes na illa de Lampedusa
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade