Zonas rurais de Lugo carecen de fibra óptica malia ter a instalación preto das casas
Zonas rurais de Lugo carecen de fibra óptica malia ter a instalación preto das casas
Levan dous anos demandando o servizo, pero non conseguen que ningunha compañía o poña
Teñen que apañarse con routers para poder entrar en Internet
Teñen o poste coa caixa para pór a fibra óptica a poucos metros das casas, pero o certo é que non existe tal enlace de comunicación. Unha situación que a veciñanza da Viña, na parroquia lucense de San Martín de Carballido, padecen desde hai anos e que seguen pedindo reiteradamente.
Descoñecen a que se debe esta situación. Xa levan tramitadas varias queixas ante administración e pensan continuar porque senten que están a ser discriminados.
A demanda de fibra tramitárona con diversas compañías, pero ata agora ningunha resolveu. O recente apagamento das centrais de cobre de Telefónica só agravou o problema. En Lugo afecta a parroquias de 45 concellos da provincia.