Vinte accidentes de tráfico con motos implicadas nas estradas galegas esta fin de semana
"Ningún dos sinistros resultou ser de gravidade, aínda que houbo feridos de diversa consideración", di Emerxencias de Galicia
O maior número de accidentes produciuse na provincia da Coruña, un total de nove
.png)
Esta fin de semana rexistráronse máis de vinte accidentes con motos implicadas en diversos puntos das estradas galegas, segundo o informe do servizo de Emerxencias.
Emerxencias de Galicia especifica que "ningún dos sinistros resultou ser de gravidade, aínda que houbo feridos de diversa consideración".
O maior número de accidentes produciuse na provincia da Coruña, un total de nove, dous deles na cidade e os demais en Betanzos, Aranga, Santiago de Compostela, Teo, Pontedeume, San Sadurniño e Arteixo, precisa Emerxencias nun comunicado.
Outros seis accidentes producíronse na provincia de Pontevedra, nas localidades de Ponteareas, Sanxenxo, Crecente, Vigo, Tomiño e Cerdedo-Cotobade.
Na provincia de Ourense houbo cinco accidentes con motos implicadas, nas estradas de Ramirás, O Irixo, O Barco e Allariz.
Por último houbo un accidente de moto na provincia de Lugo.