Vitoria mínima do Coruxo F. C. contra o Deportivo Fabril (0-1)

Un autogol de Lachevre no minuto 32 deulles os tres puntos aos visitantes

Catro vitorias en cinco partidos achegan ao Coruxo á zona de play-off

G24.gal 10/12/2023 21:30

O derbi galego na xornada 15 da 2.ª RFEF entre o Deportivo Fabril e o Coruxo F. C. decidiuse cun gol en propia porta dos locais na primeira metade. O partido comezou con varias chegadas dos coruñeses, que non estiveron acertados de cara á portería. Nunha das poucas chegadas do Coruxo á área local, Lachevre meteu un gol na súa meta ao intentar despexar un mal remate de Davo. Na segunda metade o encontro estivo máis atascado, e apenas se viron ocasións claras de gol.

Co resultado, o Fabril queda só un punto por riba da zona de descenso, mentres que o Coruxo suma doce puntos dos últimos quince para acercarse a só cinco puntos do play-off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos