Volve a Liga ACB cos galegos renovados e intentando fuxir do descenso
Volve a Liga ACB cos galegos renovados e intentando fuxir do descenso
O Breogán visita Badalona esta noite (20:45 h)
O Obradoiro xoga mañá (12:30 h) en Xirona
Os nosos equipos saíron de compras na parada e xa están de volta dispostos a evitar a queima nas doce xornadas que restan. O Breogán ten seis vitorias, está en descenso, e busca referendar esta noite a súa melloría cunha vitoria na difícil cancha do Joventut. Chega coa dúbida de Juan Fernández e a novidade dun base-escolta, Rob Gray.
O domingo ás 12:30 será a quenda do Obradoiro. Tamén con seis vitorias. Fronte a un rival directo, o Xirona. Sen Kovliar, pero con Timma e Strelkniks. Un ala-pivote e un base de nivel Euroliga.
E pra confirmalo non hai máis que ver o presidente dando a cara e tirando do proxecto esta semana. Porque é o momento de empuxar. Entramos no treito decisivo da temporada.