Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 75 % das obras do novo hospital de Pontevedra xa están executadas

O 75 % das obras do novo hospital de Pontevedra xa están executadas

O centro contará cunha superficie de 92.000 metros cadrados

Na súa visita o conselleiro de Sanidade criticou os atrancos do ministerio para paliar o déficit de médicos

G24.gal 06/06/2024 14:26

As obras do novo hospital de Pontevedra avanzan a bo ritmo. Xa se executou o 75 % e estímase que poderá entrar en funcionamento a mediados do vindeiro ano. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas xunto co conselleiro de Sanidade visitaron as instalacións.

Alí definiron como decepcionante a reunión interterritorial de sanidade. Rexeitaron a proposta da Xunta de acurtar a residencia dos mires para contratalos como adxuntos e Antonio Gómez Caamaño critica os atrancos do ministerio para paliar o déficit de médicos.

"Decepcionante porque o enroque do Ministerio de Sanidade é brutal. Parálise permanente, abandono de funcións, inacción... xa sabemos que non van resolver o problema que temos no verán, pero polo menos poñer unhas bases para que a planificación e medio e longo prazo sexa posible", sinalou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos