Cargando resultados...
Xavi Hernández recúa e seguirá no Barcelona ata o ano 2025
Xavi Hernández recúa e seguirá no Barcelona ata o ano 2025
Ao longo do día desenvolveuse unha xuntanza na casa do presidente Laporta en que o técnico dixo si á súa continuidade
G24.gal
24/04/2024 21:34
O Barcelona confirmou este mércores a continuidade de Xavi Hernández como adestrador ata o mes de xuño de 2025 despois dunha xuntanza no domicilio particular do presidente Joan Laporta e toda a cúpula deportiva.
A nova foi adiantada polo xornal Mundo Deportivo e logo confirmada polo club. Na continuidade do adestrador establécense unha serie de condicionantes que serán aclarados polo presidente Laporta nunha comparecencia prevista para este xoves cos medios do club.