Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xavi cre que o Celta leva menos puntos dos que merece

Xavi cre que o Celta leva menos puntos dos que merece

Xavi avanzou a súa renovación co club azulgrá ata 2025 

G24.gal 22/09/2023 14:39 Última actualización 22/09/2023 14:47

O adestrador do Barcelona, Xavi Hernández, avisou dos perigos do Celta con vistas ao partido deste sábado, un rival que, na súa opinión, sumou "menos puntos dos que merece" tras as cinco primeiras xornadas de LaLiga EA Sports.

"Benítez é un adestrador moi experimentado. O ano pasado xa nos custou e esperamos conseguir a vitoria, sentíndonos ben en casa", analizou o técnico catalán.

Xavi, que na comparecencia avanzou a súa renovación co club azulgrá ata 2025, á espera de que se oficialice, insistiu en que o equipo está nun "bo momento de forma" para seguir gañando partidos e asaltar o liderado que ostenta o Real Madrid.

"Se gañamos mañá meteremos presión ao Madrid. Hai que facer un bo partido, o máis importante é o que está nas nosas mans", engadiu.

Con todo, Xavi rebaixou a euforia tras as últimas goleadas ante o Betis e o Anveres:

"Hai que ir paso a paso e non alzar as campás ao voo. O obxectivo principal é manter o nivel de xogo e resultados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar