Xogamos 'Ao contraataque' cos irmáns Quintela na véspera dunha cita histórica
Xogamos 'Ao contraataque' cos irmáns Quintela na véspera dunha cita histórica
O Breogán buscará dar a sorpresa no partido de cuartos de final da Copa do Rei que disputará ante o Real Madrid
Os xogadores galegos do cadro lucense recoñecen que están nunha situación inimaxinable ao inicio da temporada
O Breogán ten unha cita coia historia este xoves en Granada. Os lucenses disputarán os cuartos de final da Copa do Rei ante o poderoso Real Madrid. E con ganas de dar a badalada. O corazón do Breogán, os irmáns Quintela, Erik e Sergi, xogaron 'Ao contraataque' e explicaron as súas sensacións antes desta histórica xornada:
"Opcións sempre hai. No bracket de adestradores e directores deportivos o cen por cento dan que pasa o Real Madrid e que gaña por máis de quince puntos. É algo que nos motiva. Temos ganas de demostrar o contrario", destaca Sergi Quintela.
"Vivimos estes días con moita emoción. Queremos vivir outro fito gañando o Real Madrid. Sabemos que somos o equipo pequeno, e eles están feitos para gañar a Copa, pero imos forzalos e chegar ó final do partido con opcións", auguraba o capitán, Erik Quintela.