Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de vacinación sen cita na Cidade da Cultura

Xornada de vacinación sen cita na Cidade da Cultura

Nova oportunidade para as persoas que non puideron acudir cando as citaron

G24.gal 16/01/2022 15:04

A vindeira semana comeza a administración da terceira dose para menores de corenta anos. Pero en espazos como o da Cidade da Cultura continúa a campaña de inmunización, neste caso, sen cita.

Achegarse ata o Gaiás calquera día de vacinación e atopala baleira, sen xente que agarda, é unha imaxe inusual. Este domingo dous profesionais de enfermería abondan para atender todas as persoas que acoden a poñer a súa dose, como conta a enfermeira María Xosé Parrado.

"Temos hoxe aquí un punto de vacinación libre para todo aquel que estea sen vacinar e queira vir ou que teña algunha pauta sen completar.  Estamos poñendo Moderna, só temos Pfizer por se vén algunha persoa cunha dose de Pfizer para completar".

Aos poucos van chegando persoas de distintas idades para completar a vacinación contra a covid. A maioría, porque non puido acudir á citación do Sergas. En Galicia, xa se administraron un total de 6.133.206 doses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos