Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada decisiva para os equipos galegos da ACB

Xornada decisiva para os equipos galegos da ACB

O Obradoiro recibe a un sorprendente Manresa que ocupa a terceira posición (sábado 18 horas)

O partido do Breogán é o do morbo, con Paco Olmos voltando a Lugo e co play off en xogo (domingo 12:30 horas)

G24.gal 01/04/2022 19:46

Hai morbo no baloncesto esta fin de semana. Este domingo volve ao Pazo Paco Olmos, de ingrato recordo para os afeccionados do Breo. Pero no equipo non queren centrar niso a atención. É un partido máis, e difícil. Pero Mrsic valora a avantaxe que lle vai dar a xente do Pazo.

O sábado chega o Baxi Manresa ao Sar. Terceiro clasificado. É o equipo que máis anota da ACB, o mellor en porcentaxe de tiros libres, o que máis recupera e o que máis rebotes apaña. 

Un equipo poderoso que aparece no camiño do Monbus Obradoiro cando os homes que dirixe Moncho Fernández pelexan por saír do perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade