Xulgan en Alacant un home de 73 anos por asasinar e despezar a súa parella
Xulgan en Alacant un home de 73 anos por asasinar e despezar a súa parella
A Fiscalía cualifica os feitos como asasinato con aleivosía e asañamento, coas agravantes de parentesco e discriminación por razón de xénero
Comezou en Alacant o xuízo contra un home acusado de asasinar e despezar a súa parella, hai algo máis de tres anos, na localidade de Torrevieja.
A Fiscalía cualifica os feitos como asasinato con aleivosía e asañamento, coas agravantes de parentesco e discriminación por razón de xénero.
Un xurado popular xulga desde este luns un home de 73 anos acusado de asasinar a súa parella, de 68, antes de despezala cunha serra e abandonar as distintas partes do cadáver por varios colectores do lixo e descampados da localidade alacantina de Torrevieja.
Os feitos ocorreron en novembro de 2021 e o home foi gravado pola cámara de seguridade dun supermercado local no momento en que depositaba parte dos restos da súa parella.
Varias testemuñas situárono, vestindo a mesma roupa e montado nunha bicicleta, nas proximidades doutros colectores onde tamén apareceron restos da vítima.
O xuízo, que se celebra na Audiencia Provincial de Alacant, está previsto que se prolongue ata este venres.