Yeremay: "Se subimos a Primeira, que Lucas quede ata que non poida correr"
Yeremay: "Se subimos a Primeira, que Lucas quede ata que non poida correr"
O canario recoñeceu que no plano colectivo o equipo ten que mellorar sobre todo nas áreas
A Yeremay sáelle o sorriso cando ten que falar de Lucas Pérez. O coruñés chanceou o mércores que está a desexar que David Mella e o canario o retiren do Deportivo, e Yeremay contestoulle antes do adestramento deste xoves.
"Non pensamos dicirlle iso, que quede connosco. El sempre está de broma e sempre nos di: 'Vou cando vostedes digan', como esperando a que o retiremos. Pero nós non imos retirar a ninguén. Oxalá quede moito tempo máis polo que achega. Axúdanos moito no día a día. Gústame xogar con el. Se subimos a Primeira, que quede ata que non poida correr".
Yeremay tamén se referiu ás negociacións para a renovación de Mella.
"A xente está tranquila, porque el é do Dépor. Xa puido irse e quedou, e tarde ou cedo renovará, oxalá, aínda que é unha decisión que ten que tomar el", subliñou.
Tamén recoñeceu que no plano colectivo o equipo ten que mellorar sobre todo nas áreas.
"Creo que nas dúas, atrás e adiante. Temos que conceder menos atrás e meter máis goles. Aí hai que mellorar", afirmou.
Yeremay admitiu que segue lembrando a clara ocasión que errou na primeira parte do pasado partido contra o Córdoba.
"Xeramos sobre todo na primeira parte bastantes ocasións, chegamos a ter dúas ou tres claras que non entraron. Sobre a miña ocasión sei que teño que mellorar, a ver se esta fin de semana teño outra e podo metela", apuntou.