Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lucas Pérez: “Cando Mella e Yeremay non queiran xogar comigo, colgo as botas”

Lucas Pérez: “Cando Mella e Yeremay non queiran xogar comigo, colgo as botas”

Lucas Pérez saíu a lanzar unha mensaxe de calma á afección

Foto @RCDeportivo
G24.gal 18/09/2024 11:53 Última actualización 18/09/2024 12:01

Lucas Pérez saíu a lanzar unha mensaxe de calma á afección do Deportivo tras o mal inicio do equipo no regreso ao fútbol profesional. O coruñés mostrouse plenamente confiando na capacidade do plantel para afrontar esta tempada e aproveitou tamén para apoiar publicamente a Imanol Idiakez.

Sinala os descoidos na estratexia e a falta de puntería como principais problemas deste incio.

"Preocupación cero porque sabemos o que facemos. É cuestión de seguir traballando e perfeccionar cousas"

"Está a penalizarnos o balón parado pero pódese traballar. Perfeccionar a puntería cara a gol"

Tamén se referiu aos obxectivos do Deportivo esta campaña.

"Quedar o máis arriba posible. Se é primeiro, primeiro. Play off? Prefiro quedar primeiro, pero cada partido saímos a gañar".

"Non hai que poñerse obxectivos, levamos 5 xornadas. Creo que vai ser un ano bonito, e dígoo na xornada 5".

 

Tamén ironizou sobre as palabras de Massimo Benassi sobre o seu “contrato indefinido” e o seu futuro, poñéndoo en mans de Yeremay e Mella.

"Se o di Massimo, así será. Non vai haber ningún problema. Se o contrato é indefinido, non pasa nada"

"Cando Mella e Yeremay non queiran xogar comigo, eu voume á bancada a gozar deles, sen problema"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade