Cargando resultados...
Zara estrea a súa plataforma de roupa de segunda man
Zara estrea a súa plataforma de roupa de segunda man
Permitirá darlles unha segunda vida ás pezas de roupa a través da súa reparación, revenda ou mesmo doazón
A web e a aplicación de Zara permiten darlles unha segunda vida ás pezas
G24.gal
12/12/2023 14:40
O Grupo Inditex estrea en España a súa plataforma de roupa de segunda man. Zara Pre Owned, que así se chama, permitirá darlles unha segunda vida ás pezas de roupa a través da súa reparación, revenda ou mesmo doazón.
O servizo estará activo tanto nas tendas físicas como na aplicación ou a web de Zara. Con esta plataforma, que funciona xa en varios países europeos, o Grupo Inditex quere afondar no seu compromiso coa sustentabilidade a través da reciclaxe da roupa.