Comedias en Cineuropa e dramas na carteleira de cine
Cineuropa abre o pano coa comedia arxentina Puan premiada en Donostia
Estréase Un amor, a adaptación ao cine de Isabel Coixet da novela Un amor, de Sara Mesa
Filme sobre a memoria histórica: El maestro que prometió el mar, con lembranzas a A linguas das bolboretas ou O club dos poetas mortos
Begoña Vázquez tráenos o programa de Cineuropa, festival que comeza hoxe en Compostela. Máis de cen filmes con especial fincapé nas comedias. Queren reivindicar o papel subversivo e festivo das comedias e o papel dos festivais como festa da cultura libre.
Un amor é unha das mellores películas da directora catalá. Ao igual que sucedía no libro, tratado de forma bastante literal, Coixet pon o espectador ante unha situación embarazosa e, por veces, incómoda.
Laia Costa fai dobrete esta semana nos cines, porque ten tamén un papel protagonista no filme de Patricia Font, El maestro que prometió el mar. Está baseado na historia real de Antoni Benaiges, asasinado en xullo do 36.