O Valencia acaba pedindo a hora na Lomba (0-1)
O Valencia acaba pedindo a hora na Lomba (0-1)
Gran partido do Arousa, que gozou de ocasións moi claras para levar o partido á prórroga
Valeu o gol de Yaremchuk no minuto oito do partido
O Arousa caeu diante do Valencia, pero vendeu moi cara a súa pel diante dun equipo de Primeira División. O equipo valenciano marcou nada máis comezar o partido grazas a un gol marcado por Yaremchuk no minuto oito. Desde ese intre viuse moi pouco do cadro de superior categoría en ataque e o Arousa gozou de varias ocasións para levar o partido, cando menos, á prórroga.
A primeira parte non foi moi pródiga en oportunidades. O Valencia non volveu a intentalo e o Arousa estaba sólido en defensa pero xeraba pouco en ataque. Foi ao comezo da segunda parte cando chegou a grande ocasión para marcar pero Borja Míguez atopou a intervención de Jaume Domenech en dous lanzamentos consecutivos. Iñaki tamén gozou da súa, Sylla pelexando contra todos en ataque e, por riba de todas, unha de Mella a porta baleira logo dun rexeitamento de Jaume, pero a diferenza entre os xogadores é a calidade e ao Arousa faltoulle iso no intre da definición.