Fujimori sae de prisión, nun desafío do Perú á Corte Interamericana de Dereitos Humanos

O Tribunal Constitucional peruano ordenara a liberación do expresidente peruano, pero a CorteDH instara ao Goberno do país a que se abstivese de cumprir con esa orde

G24.gal 07/12/2023 08:40

O expresidente peruano Alberto Fujimori quedou en liberdade por unha orde do Tribunal Constitucional do país, que restableceu o seu indulto. 

Foi en contra do criterio da Corte Interamericana de Dereitos Humanos, que lles pediu ás autoridades que non o liberasen, para garantir xustiza ás vítimas.

O expresidente peruano cumpría unha condena de 25 anos de cárcere por delitos de lesa humanidade como autor intelectual de dúas matanzas, nas que morreron 25 persoas.

Fujimori saíu do cárcere acompañado dos seus fillos. E ducias de seguidores recibírono con vítores, música e fogos artificiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade