Cargando resultados...
Johnson admite que subestimou os riscos da covid
Johnson admite que subestimou os riscos da covid
O exprimeiro ministro británico comparece na investigación da xestión da pandemia
Recoñece erros na súa xestión e pide desculpas pola "dor e ofensa" causados
Antón Montero
06/12/2023 19:55
Última actualización 06/12/2023 20:03
Boris Johnson admite que subestimou o risco do coronavirus. O exprimeiro ministro británico compareceu ante a comisión que investiga a xestión da pandemia no Reino Unido.
Recoñeceu que non deu credibilidade ás proxeccións científicas sobre a mortalidade do virus e desculpouse polas súas declaracións minimizando a gravidade das infeccións.
Johnson tamén asumiu a súa responsabilidade pola tardanza en decretar o confinamento ou pola falla de protección nas residencias de anciáns.