O Burela non ten piedade do Marín e mantense no máis alto da clasificación

Dobrete de Antía e golazo de Cilene no triunfo por 6-0

G24.gal 12/11/2023 12:02

O Burela Pescados Rubén mantense no máis alto da clasificación da División de Honra de fútbol sala feminina logo de impoñerse con claridade en Vista Alegre diante do Marín por 6-0. 

O derbi galego tivo pouca historia. Antía anotou dous goles e Emily Marcondes, Dany, Irene Samper e Cilene (golazo) engadiron cadanseu tanto. As da Mariña só cederon un empate no comezo do campionato. Pola contra, o Marín segue en postos de descenso a un só punto da salvación. 

O vindeiro domingo (12:00) veremos o derbi provincial entre o Castro e o Burela na G2 e G24.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade