Activada a alerta laranxa por choiva no oeste da Coruña

Espérase unha precipitación acumulada de 80 mm en 12 horas, que incluso podería chegar puntualmente aos 120 mm

Imaxe de hoxe na Coruña Imaxe de hoxe na Coruña
G24.gal 13/11/2023 09:36 Última actualización 13/11/2023 13:10

Este luns está activada a alerta laranxa por choiva en toda a zona oeste da provincia da Coruña, así o informa a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, este fenómeno meteorolóxico, ao que a comunidade leva enfrontándose xa en varios episodios, comezará este mediodía, esperándose unha precipitación acumulada de 80 mm en 12 horas. Incluso, podería chegar aso 120 mm puntualmente.

Por isto e para garantir a seguridade, xa están informados todos os concellos das provincias afectadas pola alerta, deputacións, servizos provinciais e Protección Civil aos clubs náuticos.

Como recomendacións estarían circular sempre con precaución e informarse de como están as estradas, ademais de non atravesar zonas inundadas e non aparcar os vehículos preto da beira dos ríos, debido a que podería haber desbordamentos. Para máis información, consultar a web do CIAE 112.

En canto ao resto de Galicia, o restante da provincia coruñesa, as Rías Baixas e Pontevedra están en alerta amarela. Espéranse 60 mm de precipitacións acumuladas en 12 horas na área coruñesa, que poderían chegar aos 120 mm. Pola súa parte, en Pontevedra apúntase aos 22 mm. Tamén está activada a alerta por temporal costeiro en todo o litoral da comunidade.

Esta nova nova xornada de ceo moi gris deixou xa o refacho de vento máis alta con 114,8 km/h en Viveiro, contra as catro e media da mañá. 

Con todo, abundan os termómetros por enriba dos 20 graos:  21,7º en Ribadeo, 20,9º en Ourense; 20,8º na Coruña e no Valadouro e 20,7º en Viveiro. 

En canto ás estacións de recollida de choiva, a de Lousame, con 80 litros/m2 sitúase como a que conta con maior acumulado; e Santa Comba, 61,6 l/m2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade