O Obradoiro sofre unha dura derrota ante o Granada (77-94)
O Obradoiro sofre unha dura derrota ante o Granada (77-94)
Os de Moncho Fernández nunca chegaron a estar por diante do marcador
O Granada acadou unha diferenza máxima de 18 puntos
O Obradoiro perdeu no Sar diante do Covirán Granada, que foxe así dos postos de descenso que ocupa o Breogán.
Os santiagueses non foron quen de ir por diante en todo o partido, que comezaron cunha desvantaxe de 9 puntos no primeiro cuarto. A distancia mantívose segundo corría o tempo e, malia a que se puxeron a catro no último cuarto, un parcial de 0-9 acabou co encontro. Os visitantes acadaron a máxima diferenza no último cuarto, chegando a ter unha renta de 18 puntos. Os locais só foron capaces de acortar un punto, ata o 77 a 94 final. Pustoviy e Scrubb anotaron 14 e 13 puntos, insuficientes diante do equipo andaluz, no que Costa fixo 24 puntos e Cheatham 20.
O Obradoiro segue con catro triunfos, un máis ca o Granada.