Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Muñoz evita falar de presión ante a visita do Obradoiro ao Bilbao Basket

Álvaro Muñoz evita falar de presión ante a visita do Obradoiro ao Bilbao Basket

O capitán obradoirista non considera que os composteláns fixesen un mal inicio de temporada

Recoñece que o partido ante o conxunto vasco é importante, pero non cre que sexa unha final

G24.gal 11/11/2021 19:15

O capitán do Obradoiro Álvaro Muñoz xogou onte Ao contraataque e non considerou irregular o inicio de temporada do seu equipo pese a contar soamente con tres vitorias na liga:

"O partido de Tenerife foi cara ou cruz. Se o chegamos a gañar levariamos catro vitorias, algo que asinariamos ao inicio de temporada. Estamos facendo as cousas ben, evolucionando e competindo. Queda moita liga por diante".

Bilbao Basket é un dos equipos que ocupa zona de descenso nestes momentos, pero no cadro santiagués non queren falar de presión antes da visita a Bilbao:

"É cedo para falarmos de presión. Somos rivais directos e sabemos a importancia do partido. Hai que gañar polo civil ou polo criminal. Eles teñen moitos puntos nas mans. Temos que estar a un bo nivel defensivo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar