É compatible saír de festa con obter un premio de excelencia académica?
É compatible saír de festa con obter un premio de excelencia académica?
O pasado 17 de febreiro tivo lugar a entrega dos diplomas dos Premios de Excelencia Académica aos universitarios que obtiveron as mellores cualificacións no curso 2020/2021
Moitos deles aseguran que saír de festa é necesario para despexar a cabeza e centrarse mellor no estudo
O pasado venres 17 de febreiro tivo lugar o acto correspondente aos Premios de Excelencia Académica, onde tivo lugar a entrega dos diplomas ás persoas premiadas. O alumnado galardoado foi o que obtivo mellores cualificacións no curso 2020/2021 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
A maior parte dos premiados aseguran que saír de festa é necesario para poder despexarse un pouco e centrarse máis no estudo. Algúns aseguran incluso que a festa os inspira.
Non obstante, ademais dos grandes protagonistas tamén estaban os seus familiares e amigos, que aseguraban ter "outro premio" só por estar alí presentes e poder ver aos seus seres queridos recoller tal galardón.