Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Alumbramiento', 'Segundo Premio' e 'Patios de luz', na carteleira de 'Zigzag'

'Alumbramiento', 'Segundo Premio' e 'Patios de luz', na carteleira de 'Zigzag'

Patios de luz é unha curta dirixida por Fran Rodríguez con guión da cantante Su Garrido Pombo

Tamén no Festival de Cans esta fin de semana Alumbramiento, con María Vázquez no elenco

Segundo Premio é  a esperadísima película sobre Los Planetas filmada por Isaki Lacuesta

G24.gal 23/05/2024 14:40 Última actualización 23/05/2024 16:39

Patios de luz, de Fran Rodríguez, simboliza cun plano secuencia a viaxe sentimental que iniciaron en tempos as avoas e seguen facendo os novos que conducen do rural cara ao urbano.

Segundo Premio foi a gran triunfadora do Festival de Málaga. Non é un biopic tradicional sobre Los Planetas, pero si unha ficción moi próxima a eles, aínda que o propio grupo non concorda co resultado final.

Acaban de estrear no Festival de Cans e chega as salas en xuño Alumbramiento, filme de Pau Teixidor con guión da galega Lorena Iglesias e María Vázquez no elenco sobre bebés roubados no inicio da democracia española. O filme conta historias reais dalgunhas destas familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade