Cargando resultados...
Ana Varela: "Quixen escribir sobre a falta de humanidade nos coidados por parte das institucións"
Ana Varela: "Quixen escribir sobre a falta de humanidade nos coidados por parte das institucións"
'Runrún', publicada por Ed. Galaxia, está ambientada en Ferrol e supón o debut na novela de Ana Varela
Dúas irmás son as protagonistas destes historia que reflexiona sobre a afectividade, os coidados, as saúde mental e as relacións sociais
G24.gal
12/11/2024 15:02
Última actualización 12/11/2024 16:28
"A ela sempre lle pareceu un deseño feito por un neno. Se lle pedises a un neno que debuxe unha cidade, que debuxaría? Seguro que edificios de cores coma os que ten diante".
Os edificios rosa dos barrio de Caranza en Ferrol, ilustran a portada e son o escenario onde nos sitúa a historia de 'Runrún', a primeira novela de Ana Varela que fala de atravesar o espello, porque, ollo, estar ao outro lado, iso que tanto tememos, é bastante doado.