Cargando resultados...
Andrés Teira: "A recuperación do millo miúdo non é por nostalxia, pode ser beneficioso no futuro"
O documental indaga na memoria do cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península
Andrés atopou labregos que aínda conservan os modos antigos de cultivar o millo
O documental está producido por Illa Bufarda
G24.gal
31/01/2025 13:55
Última actualización 31/01/2025 16:34
Imos falar agora dun documental de corte etnográfico e producido por Illa Bufarda, 'Os millos ausentes'. A cinta indaga na memoria dun cultivo hoxe case extinto na Península Ibérica, o do millo miúdo. O autor desta peza audiovisual é Andrés Teira, arqueólogo, moi interesado en divulgar como era a alimentación dos nosos antepasados. O documental une o relato científico cunha linguaxe e un estilo máis poético.