Antonio Raúl de Toro: "A nosa querenza por Joyce estaba enmarcada na busca da mitoloxía celta, ata Breogán veu incluso dunha lenda irlandesa"

Os autores galegos da Xeración Nós interesáronse pola obra de James Joyce
Otero Pedrayo foi o primeiro que traduciu 'Ulises' ao galego, antes de estar noutra lingua peninsular
Tal día coma hoxe os seguidores do escritor James Joyce están de celebración, o Bloomsday. Joyce naceu en Dublín no 1882 e faleceu moi novo, con 58 anos en Zürich. Máis ou menos nese tempo aquí nacían Otero Pedrayo ou Vicente Risco. O caso é que Joyce, considerado un dos autores máis influentes do século XX, tamén deixou varias xeracións de autores influenciados en Galicia. É unha bonita historia na que afondou Antonio Raúl de Toro Santos, o catedrático de Literatura Inglesa e Irlandesa da Universidade da Coruña.