Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda compromete unha nova lei de Igualdade

Rueda compromete unha nova lei de Igualdade

O presidente da Xunta avanzou a próxima remisión ao Parlamento do antreproxecto

Fixo o anuncio no acto central con motivo do  Día Internacional da Muller

G24.gal 08/03/2023 10:31 Última actualización 08/03/2023 17:02

En Galicia, o presidente da Xunta rodeouse de mulleres de distintas xeracións para conmemorar este 8M. Tres xeracións de panadeiras de Carballo lembraon á bisavoa desaparecida xa como unha avanzada ao seu tempo. 

"A ela non a manexaban os homes. A miña avoa tiña moito carácter para iso, di Encarna Alonso, neta da fundadora da saga de panadeiras.

Aos 90 anos, Élida lembra os consellos de súa nai para facer pan de calidade e traballar.

"Quitei esterco, fun ao monte, á herba para as vacas. Ir e amasar e peneirar á man. Agora non é nada, agora hai de todo", recorda Élida Mesejo, filla da panadeira.

Despois foi a quenda para as artesás Manoli, Carme e Alma de Ribadumia que contaron a súa historia de esforzo para saír adiante nun mundo de homes. 

Ángeles, Marian e María Mouriño, viven en familia os avatares do Celta de Vigo. A dona do presidente que, odia o fútbol, explicou porque casou tan nova.

"Eu casei aos 19 anos porque máis valía casar que estar naquela prisión. Eu ás 8 da tarde tiña que estar na casa", conta a muller do presidente do Celta de Vigo.

O presidente Rueda pechou o acto Avanza con Elas anunciando a próxima remisión ao Parlamento do proxecto de lei de Igualdade de Galicia.

"Estamos a piques de facer unha lei de Igualdade que intentará facer o que se poder facer desde a Administración que é romper teitos de cristal, perseguir as discriminacións no traballo, na vida diaria ou fomentar desde pequenos os valores en igualdade. Isto hai que fixalo por lei para poder facer as cousas ben", asegura Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos