Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabiola García, Tanxugueiras ou Esther Estévez, no partido de fútbol pola igualdade do 8M

Fabiola García, Tanxugueiras ou Esther Estévez, no partido de fútbol pola igualdade do 8M

Dous equipos de mulleres, representativas de distintos ámbitos da vida pública galega, xogaron esta mañá en Santiago un partido de fútbol sala como anticipo do 8M

Homenaxearon o fútbol feminino galego e, máis concretamente, o labor das mulleres nun campo historicamente masculinizado

G24.gal 07/03/2025 14:27

O marcador é o que menos importa neste partido organizado pola Federación Galega de Fútbol con motivo do día internacional da Muller.

Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra C. F.: "O fútbol feminino tamén ten un espazo, e sempre que unha nena queira xogar ao fútbol, hai que potencialo".

Tratan de visibilizar o traballo das mulleres nun terreo protagonizado historicamente por homes. Xogadoras, adestradoras e árbitras recibiron unha homenaxe conxunta, singularizada en catro representantes.

Pilar Lueiro, concelleira de Deportes de Santiago: "Hai moitas portas aínda que abrir, pero que se poida celebrar un partido en formato festa, para celebrar o 8M, é un logro e algo importante".

Sobre o terreo de xogo, dous equipos de mulleres políticas, cantantes, actrices, empresarias...

Fabiola García, conselleira de Igualdade: "Temos que ocupar o noso lugar, reivindicar os nosos dereitos e loitar por ese feminismo, tan reivindicativo como dialogante, tan esixente como amable, no que cabemos todas pero tamén no que caben todos".

As Tanxugueiras, a sumiller Carlota Iglesias, ou as presentadoras da Galega Esther Estévez e Noelia Rey foron algunhas das participantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade