Publicador de contidos

Publicador de contidos

Igualdade lanza a campaña do 8M co lema "A nosa voz máis alta, máis clara e máis forte"

Igualdade lanza a campaña do 8M co lema "A nosa voz máis alta, máis clara e máis forte"

Quere mandar "unha mensaxe contundente" de unidade e firmeza fronte ao movemento negacionista

O lema compleméntase con algúns eslógans feministas que aparecen habitualmente nas pancartas das manifestacións: "Cánsaste de oílo, nós de vivilo", "Se tocan a unha, tócannos a todas" e "O futuro será feminista ou non será"

Ministerio de Igualdade Ministerio de Igualdade
G24.gal 06/03/2025 12:19

Co lema "A nosa voz máis alta, máis clara e máis forte" o Ministerio de Igualdade lanzou este xoves a campaña institucional polo Día da Muller que se celebra o vindeiro sábado, coa que quere mandar "unha mensaxe contundente" de unidade e firmeza fronte ao movemento negacionista.

"Chegamos a este 8 de marzo nun contexto no que, por desgraza, temos que volver lembrar que os dereitos das mulleres non podemos dalos por consolidados ante a reacción ultra que ataca directamente ás mulleres e aos avances en dereitos humanos do movemento feminista", asegurou a secretaria de Estado de Igualdade, Aina Calvo na presentación da campaña na sede do ministerio.

O lema compleméntase con algúns eslógans feministas que aparecen habitualmente nas pancartas das manifestacións: "Cánsate de oílo, nós de vivilo", "Se tocan a unha, tócannos a todas" e "O futuro será feminista ou non será". Fronte á opinión dalgúns homes de que o feminismo chegou tan lonxe que agora se lles discrimina a eles, Calvo sinalou que "o feminismo é un movemento que busca aliados sempre" e que non se dirixe aos homes desde o frontismo.

"Os homes non só son compañeiros de viaxe, senón socios activos na axenda do feminismo; non actuamos contra nada, nin contra ninguén, nin roubamos nada aos homes, senón que queremos vivir en pé de igualdade e iso mellora a vida dos homes e das mulleres". Para a número dous de Igualdade, a diversidade dentro do movemento feminista maniféstase en pancartas e lemas, "pero a voz é única". "A campaña á unidade e á firmeza e tamén destaca a importancia da voz das mulleres". "Lanzamos unha mensaxe contundente ao conxunto da sociedade, as mulleres estamos aquí e imos seguir estando e imos seguir avanzando para consolidar os nosos dereitos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade