Avelino González: "A min o teatro fíxome mellor persoa, é o lugar onde un entende os demais"
Avelino González: "A min o teatro fíxome mellor persoa, é o lugar onde un entende os demais"
Na súa carreira destacan os seus traballos no teatro e no audiovisual, pero tamén na narración oral, a dobraxe, ou a tradución
Avelino González recollerá o Premio Xograr de Outono do FIOT este sábado no Pazo da Cultura de Carballo
Próximas funcións: o día 25 en Vigo, con 'Contos de akí', e o 26 en Betanzos, coa peza 'Apaga o candil'
Actor, pioneiro da narración oral e un dos narradores máis relevantes da nosa terra e un recoñecido tradutor. Este auténtico xograr é Avelino González, que este ano recibe unha homenaxe no Festival de Outono de Teatro de Carballo. O xurado elixiuno porque el representa as características dun auténtico xograr, pola diversidade do seu perfil, e por ser unha das personalidades máis carismáticas e queridas da cultura galega, cun espírito implicado e inquieto.