Cargando resultados...
Bandia Ribeira: "Interésanme os rituais sociais nos espazos públicos como signos do noso tempo"
Bandia Ribeira: "Interésanme os rituais sociais nos espazos públicos como signos do noso tempo"
Bandia Ribeira participa no FFoco cunha serie fotográfica sobre o sur de Gales
Retrata unha sociedade empobrecida tras a desindustrialización do tatcherismo
Mostra aberta na Fundación Luís Seoane ata finais de decembro
G24.gal
19/11/2024 14:36
Última actualización 19/11/2024 16:13
Achegámonos a un proxecto de fotografía documental que quere entender un territorio e unha sociedade. O territorio é Gales do Sur e a sociedade é a clase traballadora afectada polas grandes transformacións económicas.
Sobre esta realidade pousa a súa ollada a fotógrafa das Pontes, Bandia Ribeira. Unha selección dos seus traballos é o que podemos ver ata finais de ano na Fundación Luis Seoane.