Bicentenario de Benito Vicetto, precursor do Rexurdimento e introdutor da novela histórica en Galicia

Vicetto foi xornalista en numerosas cabeceiras, poeta e novelista de éxito
En Los Hidalgos de Monforte popularizou dous dos mitos do galeguismo moderno: a figura de Pardo de Cela e os Irmandiños
A historia de Galicia de Vicetto era moi literaria e estaba impregnada do romanticismo da época e das ideas republicanas e anticlericais
Este ano celébrase o bicentenario do nacemento en Ferrol de Benito Vicetto, unha ocasión para recuperar esta figura. Xornalista, historiador e novelista considérase un precursor do Rexurdimento, cun papel moi destacado na promoción do galeguismo.
O seu proxecto máis ambicioso foi a publicación dunha historia total de Galicia, moi criticada xa na época pola súa falta de rigor, pero que resulta fundametal para comprender o esforzo dos primerios galeguistas por dotar ao país dun relato histórico propio.