Teódulo Páramos, o compositor esquecido de 'Cantos da emigración'
Teódulo Páramos, o compositor esquecido de 'Cantos da emigración'
O filme Canto de Emigración dirixido polo ourensán Antonio Román estreouse en 1935 pero desapareceu trala guerra
Un equipo encabezado por Pepe Coira reconstruíu o filme que se puido ver no pasado Festival Internacional de Ourense
A partitura de Canto de Emigración gardábaa na casa a neta de Teódulo Páramos, violinista da Orquestra Clásica de Vigo
En 1935 estreábase Canto de Emigración un film que se perdeu trala guerra civil e que un equipo encabezado por Pepe Coira reconstruíu e reestrou hai meses en Ourense. Agora acaba de publicarse o libro que conta a historia do autor da banda sonora dese filme, Teódulo Páramos, un músico de café vigués que nos anos 30, 40 e 50 tocaba nos principais locais da cidade. Unha historia incrible de memoria e partituras.