Cargando resultados...
Carlos Negro: "Antela editorial conxuga humor e fantasía, nun contexto no que prima o didactismo"
Carlos Negro: "Antela editorial conxuga humor e fantasía, nun contexto no que prima o didactismo"
Antela nace na pandemia na Limia como unha cooperativa prol do libro infantil con producción 100 % galega
As últimas publicacións buscan a porta máxica entre o real e a fantasía con moito protagonismo das personaxes femininas
G24.gal
04/02/2025 14:46
Última actualización 04/02/2025 16:40
Libros, libros para lectores novos, libros que tamén poden explicar o mundo, que son a mellor nave para viaxar, como dicía Emily Dickison, libros con pegada, como din na editorial Antela. Do seu proxecto quere falarnos hoxe Carlos Negro, que ademais vén coas súas últimas publicacións: 'Animalgama', 'Erea e as agullas máxicas', 'Miquits visita a casa da avoa' e 'Fani e super Dani'.