Publicador de contidos
Publicador de contidos

A protesta como inspiración na Carta Branca de Narelle Jubelin a Elena Asins e Anna Turbau

A protesta como inspiración na Carta Branca de Narelle Jubelin a Elena Asins e Anna Turbau

'Aínda sen título. Carta Branca [#3] a Narelle Jubelin' exponse ata o cinco de xullo na Galería Nordés, na Coruña

O proxecto relaciona a obra de tres artistas: Elena Asins, Narelle Jubelin e Anna Turbau

A instalación dialoga coas follas de contactos e a litografía para xerar novos significados
 

G24.gal 19/06/2024 14:51 Última actualización 19/06/2024 16:20

Na Coruña, a Galería Nordés propón unha nova entrega do seu proxecto Carta Branca, en que anima as artistas a traballaren en relación con outras creadoras. Neste caso, entramos na instalación da australiana Narelle Jubelin.

O seu traballo relaciónase estreitamente coa arquitectura, e a pesar de ser coñecida polas súas pezas de costura no que agora chaman petit point, bordado con punto medio, nesta ocasión sorprende cunha instalación que conecta non só coa historia da arte, tamén co vivido e as relacións entre as persoas. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade