Cargando resultados...
'Cibercarracho', Palabra do Ano 2023 en galego
'Cibercarracho', Palabra do Ano 2023 en galego
O neoloxismo foi creado por un experto en ciberseguridade para o espazo da Galega Dígocho eu
G24.gal
27/12/2023 13:59
Última actualización 27/12/2023 19:26
A palabra do ano 2023 en galego é o termo que inventou o #DígochoEu para referirse aos ciberdelincuentes: 'cibercarracho'.
Na votación popular promovida pola Real Academia Galega, 'cibercarracho' obtivo máis do 40% dos votos. En segundo lugar, a uns dez puntos de diferenza, quedou feitiño.
No dicionario figura o termo ciberdelicuente e na Academia destacan que o novo vocábulo chega nun momento en que empresas e institucións están a a ser obxecto de graves agresións por este tipo de persoas.
O neoloxismo foi creado por un experto en ciberseguridade, Alberto Martínez, para o espazo da Galega #DígochoEu.