Cargando resultados...
Cibrán Sierra: "O cuarteto de corda é un xénero que non sucumbíu aínda á cultura da velocidade"
Un verán, hai case 22 anos, tocaron por primeira vez no mosteiro de San Clodio, no Ribeiro, levando o nome do violinista pontevedrés por bandeira
'Átomos' é o seu último disco, que trata sobre o poder da condensación e da eficiencia dos compositores Haydn, Beethoven, Bela Bartok e Kurtag
O Cuarteto Quiroga, o 26 de abril en Lugo, no Círculo das Artes
G24.gal
21/03/2025 14:33
Última actualización 21/03/2025 16:22
Naceron no Ribeiro hai case 22 anos. Dende entón, levan o nome do xenial e menos coñecido violinista galego Manuel Quiroga por escenarios de todo o mundo. Cando máis escasean no mundo, o Cuarteto Quiroga aposta polo debate, a fondura e a reflexión a través da música. A pasada semana tocaron en Vigo e o mes vindeiro levarán a excelencia das súas interpretacións a Lugo.