Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xosé Díaz Arias de Castro: "No Día das Artes falarei dos éxitos e dos fracasos do meu pai, Díaz Pardo"

Xosé Díaz Arias de Castro: "No Día das Artes falarei dos éxitos e dos fracasos do meu pai, Díaz Pardo"

A Real Academia Galega de Belas Artes dedica a Isaac Díaz Pardo o Día das Artes Galegas

O 1 de abril, Día das Artes Galegas, Xosé Díaz lerá no acto institucional a laudatio a seu pai

O Día das Artes Galegas celebrarase o martes 1 de abril no Teatro Principal de Santiago ás 19h

G24.gal 30/03/2025 11:30 Última actualización 27/03/2025 17:01

O próximo martes celebrarase o Día das Artes Galegas da Real Academia Galega de Belas Artes. Este ano o homenaxeado é Isaac Díaz Pardo. Unha figura tan multidimensional como irrepetible, desde a pintura, a cerámica, o deseño, a escrita e a empresa; o responsable de achegas á nosa historia como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Edicións do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.

O seu fillo, Xosé Díaz Arias de Castro, será o encargado da laudatio no acto solemne do próximo martes no Día das Artes Galegas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade