Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Cigarreiras', de Cándido Pazó, triunfadora nos XXVI Premios María Casares de teatro

'Cigarreiras', de Cándido Pazó, triunfadora nos XXVI Premios María Casares de teatro

A obra impúxose nas categorías de mellor dirección, espectáculo e escenografía

G24.gal 03/06/2022 07:45 Última actualización 03/06/2022 08:50

Se María Casares, que dá nome aos premios e da que se conmemorou o centenario do seu nacemento, axexara a gala por tras do pano comprobaría a diversidade, esforzo e ilusión existente no teatro galego.

Candido Pazó, mellor director por Cigarreiras, obra que acadou tres galardóns e saíu como vencedora da noite, recollendo tamén escenografía e o gran premio de mellor espectáculo.

Tras dela, tres montaxes acadaron dous premios. Para comezar, Terceiro acto. Ao que as votantes da asociación de actores e actrices de Galicia decidiron salientar as actuación de Eduardo Cunha Tatán, como mellor actor, e Belén Constenla, como mellor actriz.

Comando Comadres Othello levaron dous María Casares para cada proposta. Comando Comadres os de maquillaxe e a   mellor actriz secundaria para Anabell Gago, e Othello, vestiario e iluminación. Fernando Dacosta recibiu o premio a mellor actor secundario por Morgana de Esmelle, e así ata nove espectáculos premiados nunha noite de alegrías e reivindicacións compartidas.

'Cigarreiras', proxecto de Contraproducións e Teatre Romea, unha adaptación de Cándido Pazó, que tamén é o director, da novela La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. A obra impúxose nas categorías de mellor dirección, espectáculo e escenografía, esta última responsabilidade de Dani Trillo.

'Othello', de Voadora: mellor vestiario e mellor iluminación.

'Comando madres', de Matrioshka Teatro: mellor actriz secundaria para Anabel Gago e mellor maquillaxe.

'Terceiro acto', do Centro Dramático Galego: Belén Constenla e Eduardo R. Cunha, 'Tatán', como mellores actriz e actor protagonistas.

Mellor música orixinal: Ailén Kendelman  pola produción 'A cazola de Lola', da compañía Tanxarina;

'A lúa vai encuberta', de Incendiaria, e A Quinta do Cuadrante, como mellor adaptación (dun texto de Manuel María).

'A parábola do angazo', de Talía Teatro, como mellor texto orixinal.

Fernando Dacosta mellor actor secundario en Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro, 

Hugo, de Os Náufragos Teatro, mellor espectáculo infantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar