Cargando resultados...
O Centro Dramático Galego reestrea 'Terceiro acto'
O Centro Dramático Galego reestrea 'Terceiro acto'
As representacións retómanse 3 anos despois de que en 2021 tiveran que ser canceladas en plena pandemia
G24.gal
03/10/2024 14:03
Terceiro acto regresa ós escenarios con varios intérpretes diferentes pero a mesma directora, Noemi Rodríguez. Repite tamén no elenco a actriz Belén Constenla, que logrou un premio María Casares polo seu papel na obra.
As representacións en Compostela principian o 3 de outubro e rematan o día 20. Despois iniciarán unha xira por outros 8 concellos galegos. Materializarase así unha xira que en 2021 non foi posible por mor da pandemia