Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mostra de Teatro de Ribadavia bate marcas de recadación e asistencia

A Mostra de Teatro de Ribadavia bate marcas de recadación e asistencia

Máis de 40.000 euros recadados nas representacións teatrais en Ribadavia

A mostra xa é un referente nas artes escénicas internacionais

G24.gal 27/07/2024 19:44 Última actualización 27/07/2024 21:40

Recadaron un total de 40.000 euros e houbo cheo absoluto nas 38 representacións, coloquios e actividades paralelas da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

A edición número 40 volveu encher as rúas e espazos da capital do Ribeiro con público e artistas chegados de diferentes países. Na actualidade, é a mostra de referencia en todo o que ten que ver con achegar o teatro a xente.

"Temos un orzamento de só 200.000 euros pero esforzámonos por traer a Galicia as grandes figuras do teatro mundial", asegura Roberto Pascual, director da MIT.

Dende a organización fan unha valoración positiva destes oito días de teatro. Tanto polas frías cifras como por ter achegado o teatro a espazos onde antes non se vía ou polo grao de profesionalidade acadado e a actualización do programa de actividades.

"Buscamos espazos por toda a contorna nos que a xente poida gozar e mesmo participar activamente".

A Mostra toca a súa fin, pero a organización xa está a traballar na programación e os obxectivos da vindeira edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar